A equipa do Fin do Mundo, en Ant-Man

1008

O realizador Edgar Wright vai participar novamente nunha produción con dous vellos colegas con quen xa compartiu equipa noutros filmes de ciéncia-ficción, The World’s End. Nesta ocasión a película será Ant-Man, da Marvel Studios.

O compositor Steven Price, quen ven de gañar o prémio BAFTA pola súa banda sonora de Gravity, será o encargado de lle poñer a música a Ant-man. Price tamén traballara con Wright no filme de Joe Cornish Attack the Block.

O outro colaborador que volverá traballar con Wright será o seu fotógrafo Bill Pope, experimentado na triloxía de Matrix, e que rodou xunto a Wright a comédia para adolescentes Scott Pilgrim vs. The World.

Paul Rudd, Michael Douglas e probábelmente Evangeline Lilly serán os protagonistas desta produción da Marvel que ten previsto escomezar a súa rodaxe dentro duns días en Georgia.