Ron Howard lerá o Libro da Selva da Warners

0
308

Ron Howard será con case total probabilidade o director e mais o produtor da nova versión con actores de carne e óso da clásica escolma de relatos escrita en 1894 por Rudyard Kipling The Jungle Book para a Warner Bros. Pictures.

Ambientada na xungla da Índia, a história vai sobre un neno orfo criado polos lobos e que se fai amigo dun urso e mais dunha panteira negra, quen loitan contra un temíble tigre chamado Shere Khan.

Howard sustiruirá no posto de director ao mexicano Alejandro González Iñárritu, quen abandonou a produción o mes pasado por mor de conflitos coa súa axenda de traballo. Howard producirá o filme a través da súa empresa, a Imagine Entertainment.

Callie Kloves, filla do guionista da série de Harry Potter Steve Kloves, escribiu esta adaptación. O proxecto non debe confundir-se coa versión rival da Disney, que conta con Jon Favreau coma director.

Howard está nestes intres rematando o filme In the Heart of the Sea e aínda está vencellado a dous proxectos mais: o drama de narcotraficantes Mena e mais a adaptación da novela de Dan Brown Inferno.