Apresentación d’A porta de Annwn

1
599

O vindeiro venres 7 de marzo terá lugar a apresentación para amigos e seguidores nun local d’A Coruña chamado o Passepartout Beerhouse, no Paseo das Pontes na zona de Riazor-Avenida de Fisterra, do segundo tomo da triloxía de fantasía épica As Crónicas de Bran, titulado A porta de Annwn, do escritor Xosé Duncan.

Neste segundo tomo, Bran continúa a súa travesía cara a Caledónia na procura do Navigante, o gardián dos espíritos. Mórrigan e mais o seu grupo non descansarán até daren coa Porta de Annwn, nunha procura que os levará alén do Cabo Barbudo e do seu antigo faro.

Por outra banda, xa está dispoñíbel o vídeo promocional oficial coas ilustracións de José Angel Ares, o ilustrador que acudiu ao rescate do traballo gráfico interior para A porta de Annwn e que é ademáis o ilustrador habitual da série para nenos d’As aventuras do Apalpador e é colaborador gráfico habitual nos números de Contos Estraños.

A portada conta co deseño de José María Picón (quen xa fora o encargado da capa do primeiro volume).

1 comentário

  1. Grazas pola difusión! Estades tod@s convidad@s a vos achegar até o PassePartout Beerhouse o Venres 7 de Marzo ás 21:00 horas. Apertas!

Comments are closed.