Matt Ryan é o novo Constantine

0
309

O actor galés Matt Ryan (Criminal Minds) ven de chegar a un acordo para protagonizar a vindeira série da canle NBC, Constantine, na que se adaptará á pequena pantalla o título da DC Comics Hellblazer.

Ryan fará o papel do loiro detective inglés do paranormal John Constantine, un home que loita coa sua fe mentres é enmeigado polos seus pecados pasados e mais o seu súpeto anceio de defender á humanidade das forzas da escuridade.

Na série, Liv, a filla dun antigo amigo, é asediada polos demos e Constantine aparece para salva-la e ambos forman unha alianza.

Daniel Cerone (Dexter) escribirá o guión, David Goyer (Da Vinci’s Demons) será o produtor executivo e Neill Marshall (Game of Thrones) dirixirá o episódio piloto, que se rodará en Atlanta.

Ainda que é coñecido polo seu papel en Criminal Minds, Ryan tivo papéis salientábeis en séries coma The Tudors e filmes recentes coma Miss Pettigrew Lives for a Day ou Flypaper. Últimamente emprestou a súa voz ao persoaxe protagonista do videoxogo Assassin’s Creed IV: Black Flag.

Por outra banda, Harold Perrineau (Lost), Lucy Griffiths (True Blood) e Charles Halford (True Detective) uníron-se asemade ao reparto da série. Griffiths fará de Liv, Perrineau será o anxo Manny, e Halford fará o papel de Chas, o mais vello amigo de Constantine.