Will Smith á procura da Brillantez

0
288

Will Smith está a manter conversas preliminares para protagonizar a adaptación ao cinema da novela de ciéncia-ficción de Marcus Sakey Brilliance para a Legendary Pictures e mais a Universal Pictures.

Julius Onah (God Particle) dirixirá este conto ambientado nun mundo onde o un por cento dos nenos recén nacidos son superintelixentes (ou brillantes) que posúen extraordinários poderes cognitivos.

Un axente federal utiliza este grande poder para perseguir terroristas e debe deter a un compañeiro “brillante” que quere escomezar unha guerra civil.

David Koepp escribiu o guión, que producirán Joe Roth e Palak Patel. O libro só é o primeiro dunha triloxía ainda por rematar, polo que se agarda que a pelícua sexa igualmente a primeira dunha nova franquía.