Anne Hathaway será a Raíña Branca

0
240

Anne HathawayAnne Hathaway, de moda na actualidade por mor da súa participación na série Rachel Getting Married e a quen veremos axiña no thriller de terror Passengers, ven de asinar para protagonizar Alice in Wonderland, o filme que Tim Burton está a dirixir para a Disney.

Helena Bonham Carter, unha das actrices musa de Burton (con quen xa traballou en filmes coma O cadáver da noiva, Charlie e a Fábrica de Chocolate e O Planeta dos Símios), tamén uniu-se ao reparto.

O filme, que protagonizan Mia Wasikowska como Alícia e Johnny Depp coma o Sombrereiro Tolo, utilizará unha combinación de acción real e tecnoloxía de captura de imaxes para narrar o famoso libro de Lewis Carroll.

Hathaway interpretará á Raíña Branca, unha monarca benévola que é deposta e desterrada pola súa irmá, a Raíña Vermella (Carter), quen ten afección por andar berrando “Que lle curten a cabeza!“. A Raíña Branca precisará de Alícia para poder matar a unha creatura coñecida coma Bandersnatch (en español adóita-se traducir coma Zamarraco ou cousas semellantes).

Richard Zanuck, Joe Roth e Jennifer e Suzanne Todd serán os produtores.