Mália a non participación de Bill Murray e mais a recente morte de Harold Ramis, a Sony Pictures ainda ten intencións de continuar o traballo de escribir o guión da terceira entrega da saga dos Cazapantasmas.
Segundo várias fontes, o director Ivan Reitman desexa atopar-se cos donos dos estudos para acordaren un plan para seguir adiante cos esforzos.
As anteriores novas afirmaban que Ramis, Murray, Aykroyd e Hudson ían aparecer nesta terceira parte en cameos para lle pasar o relevo aos novos cazapantasmas. Dado que iso non vai acontecer, o guión de Lee Eisenberg e Gene Stupinitsky deberá agora adaptar-se ás novas circunstáncias.
Respeito á posibilidade de que Aykroyd e Hudson aparezan no filme, este último amosou-se moi pesimista e dixo nunha recente entrevista que “non pode haber outro Ghostbusters sen Harold. Será un Ghost-algo, pero non será… en fin, ese foi sempre o meu medo, que acontecera algo antes de que poidéramos reunir-nos outra vez“.