Josh Boone dirixirá “The Stand” de King

0
288

Josh Boone (The Fault In Our Stars) está a manter conversas para se encargar da dirección da adaptación ao cinema da novela épica de Stephen King The Stand para a Warner Bros. e mais a CBS Films.

Boone é polo de agora o último nome en chegar a unha lista de candidamos á cadeira de director pola que xa pasaron Scott Cooper, Ben Affleck ou David Yates, sen que ningún deles chegase a un acordo satisfatório.

A novela, publicada por primeira vez en 1978 e revisada en 1990, é unha história de bós contra malos nun mundo postapocalíptico no que un virus aniquila a case toda a povocación americana. Os supervivintes deberán loitar contra un tipo que se asemella ao Anticristo, Randall Flagg.

Jimmy Miller e Roy Lee están ainda a bordo do proxecto coma produtores.

Boone medrou nunha casa onde os libros de King estaban prohibidos, o que lle obrigaba a arrincar as capas de libros cristiáns e poñe-las ás novelas de King para que ninguén lle amolase mentres as lía.

A súa nai atopou unha cópia de The Stand e queimou-na na lareira. Daquela Boone, que tiña doce anos, escribiu unha carta a Stephen King contándo-lle o que lle acontecera, e este respondeu cunha caixa chea de libros seus e cunha carta asinada, todo o cal serviu para que os pais de Boone decediran erguer o veto sobre as obras o mestre do terror.