Finou Harold Ramis

0
156

Harold RamisO lendário actor e director americano Harold Ramis finou o pasado 24 de febreiro aos 69 anos de idade, após de complicacións nunha rara enfermidade, unha vasculite autoinmune que padecía dende maio de 2010 e que lle obrigara a aprender a camiñar novamente. Ramis é coñecido entre os fans sobre todo por ser o co-guionista e co-protagonista (no papel do doutor Egon Spengler) nos filmes de Ghostbusters, así coma por ser o director da memorábel Groundhog Day.