O Orfanato, candidata dos Goya 2008

0
298

O OrfanatoA Académia das Artes e das Ciéncias Cinematográficas de España deu a coñecer a lista de nominacións para os prémios Goya 2008, que se concederán na gala tradicional que se celebrará en Madrid o día 3 de febreiro do 2008.

Na lista de candidatos da 22ª edición dos Prémios hai moito de xénero fantástico, especialmente grazas ao filme O Orfanato, que levou as nominacións a millor película, millor director novel, millor interpretación feminina protagonista, millor actriz secundária, millor actor revelación, millor guión orixinal, millor música orixinal, millor dirección de producción, millor montaxe, millor dirección artística, millor deseño de vestiário, millor maquillaxe e perruquería, millor són e millores efectos especiais.

Pola súa banda, o filme de terror REC levou unha nominación á millor actriz revelación e outra aos millores efectos especiais, e entre os nominados galegos hai que salientar a Nocturna (millor película de animación) e A flor máis grande do mundo (millor curtametraxe de animación).