Está en camiño unha nova triloxía de Matrix?

739

Cada vez son maiores os rumores que afirman que Andy e mais a súa irmá Lana Wachowski están a desenvolver unha nova secuela da súa triloxía The Matrix para a Warner Bros. Pictures. Os directores xa disporían de argumentos e tratamentos que amosar aos estudos, que queren que a primeira entrega se estree en 2017.

Non está clara a dirección que tomará a nova triloxía, ainda que os rumores suxiren que sería unha precuela que exploraría como foi creada a Matrix. O material que se puido ver en The Animatrix pero que non apareceu nas películas non será parte da nova história.

Non se sabe se algún dos membros da triloxía orixinal regresará, e nin sequera se os Wachoskis serán os directores, se ben isto último semella o mais probábel.

Polo de agora a Warner Bros. Pictures non confirmou ren destas novas. De feito, hai tres anos xa houbera rumores sobre unha posíbel nova entrega da franquía de The Matrix, uns rumores que nunca se chegaron facer realidade.