As proxeccións do vindeiro filme épico biblico de Darren Aronofsky, Noah, irán acompañadas dunha “mensaxe explicatória” que foi engadida ao filme por mor de presións de grupos de fanáticos cristiáns e concretamente de Jerry A. Johnson, o presidente das emisoras relixiosas americanas.
A mensaxe dirá que para este filme tomáron-se “licéncias artísticas” e que ainda que está baseado nunha história que aparece no libro sagrado dos cristiáns, é unha adaptación e que non pretende ser a “história verdadeira“. Ademais, recomenda lér a Bíblia para coñecer a história real de Noé.
Nun comunicado oficial, a Paramount Pictures dixo:
“Agradecemos profundamente os esforzos do Dr. Johnson por traer-nos esta ideia. O noso obxectivo foi tomar todas as medidas para asegurar-nos de que os espectadores teñen a información necesária antes de mercar a súa entrada para ver o filme. Estamos moi orgullosos do filme de Darren Aronofsky. Coidamos que os espectadores de todo o mundo disfrutrarán este filme épico“.