Minecraft, ao cinema

0
181

MinecraftA Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o popular videoxogo Minecraft e xa contan con plans para facer unha adaptación con actores de carne e óso. A compañía sueca Mojang lanzou o xogo en 2011 e é considerado ún dos videoxogos abertos mais importantes do mundo, con mais de 100 millóns de xogadores. A película será producida por Roy Lee (The Lego Movie) e Jill Messick (Mean Girls).