Sam Raimi e mais a súa produtora, a Ghost House Pictures, serán os encargados de sacar adiante o proxecto dun filme con acción real baseado no aclamado videoxogo da PlayStation 3 The Last of Us para que a Screen Gems o distribúa.
O xogo, que foi lanzado o ano pasado, está ambientado 20 anos despois de que unha vaga infecciosa causada por un fungo aniquile á humanidade. Un duro supervivinte chamado Joel e mais unha rapazola chamada Ellie atópan-se por casualidade e viaxan xuntos por uns Estados Unidos radicalmente transformados.
O xogo acadou mais de 200 prémios coma “xogo do ano” en 2013 e mais un prémio WGA por “Éxito salientábel escribindo Videoxogos”.
O director creativo da Naughty Dog, Neil Druckmann, escribirá o guión. Druckmann, Bruce Straley, Evan Wells, Christophe Balestra e mais Raimi serán os produtores.