Noah: mais atrancos coa relixión

0
427

Mália a súa recente alianza cos cristiáns, a Paramount ven de anunciar que a censura de vários países mahometanos impedirá que se proxecte neles a súa película épica Noah, dirixida por Darren Aronofsky. Concretamente Qatar, Bahrain e mais os Emiratos Árabes Unidos, todos eles coñecidos por finanzar aos tres grandes equipos de fútbol da Liga española, prohibiron xa a estrea no filme. Agárda-se que tamén sexa prohibido axiña en Exipto, Xordánia e Kuwait.

Segundo várias fontes, o problema non está en que a película non reflicta as estritas doutriñas relixiosas con fidelidade, senón no feito mesmo de que se faga unha película sobre Noé, un persoaxe que as lendas musulmanas consideran coma real e histórico, e que por ser un enviado de deus non pode ser retratado de ningunha maneira.

En Exipto, un voceiro do instituto mahometano Al-Azhar lanzou unha fatwa condeando ao filme e esixindo a súa prohibición: “Al-Azhar reafirma o seu rexeitamento da proxección de calquera produción que retrate aos profetas de Alá e mais aos mensaxeiros e compañeiros do profeta Mahoma. Así pois, Al-Azhar anúncia a prohibición do filme sobre o mensaxeiro de Alá Noé, bendito sexa“.

Noah comezará a finais deste mes a súa xira de estreas, pero obviamente non será con bó pe.