J.K. Simmons úne-se a Terminator

0
260

J.K. Simmons (J.J. Jameson en Spider-Man) está a negociar a súa entrada no reparto do vindeiro relanzamento da franquía de Terminator, Terminator: Genesis, que producirán a Skydance e mais a Paramount.

Alan Taylor dirixe este filme que conta con Emilia Clarke no papel protagonista de Sarah Connor, Jason Clarke coma John Connor, Jai Courtney coma Kyle Reese, e mais o regreso de Arnold Schwarzenegger coma o Terminator.

Simmons interpretaría a un feble e alcoholizado detective que seguiu un caso no que estivo vencellada Sarah Connor e mais uns robots hai tres décadas, en 1984.

A rodaxe escomezará en breve, esta mesma primavera.