A Disney repite a Feira das Tebras

854

O guionista de Dark Shadows e Abraham Lincoln: Vampire Hunter, Seth Grahame-Smith, fará o seu debut coma director nunha nova adaptación dunha obra de Ray Bradbury, o clásico thriller Something Wicked This Way Comes.

A história vai sobre Mr. Dark, o propietário dunha feira ambulante que se detén nunha pequena vila para chegar a diversos pactos cos seus habitantes, aos que lles concede os seus desexos en troques das súas almas.

Grahame-Smith vai escribir un primeiro esbozo do guión, pero logo os estudos contratarán a un guionista para que traballe no libreto mentres Grahame-Smith continúa o seu traballo no guión de Beetlejuice 2. David Katzenberg será o produtor.

A Disney versionara xa con anterioridade esta mesma novela en 1983, contando daquela coa adaptación do mesmo Bradbury, quen posteriormente se queixou de que se perdera moio da súa mensaxe coa tradución.

Grahame-Smith dixo que planea ignorar totalmente o filme orixinal e que vai regresar ao libro, incluindo algunha das escenas clásicas que non apareceron na primeira película.