Os Exploradores volverán ao espazo

916

A Paramount Pictures está a planear a través do seu selo Insurge un remake do clásico filme de ciéncia-ficción para todos os públicos de 1985 Explorers, que dirixiu Joe Dante.

O filme orixinal ía sobre tres rapazolos adolescentes (interpretados por Ethan Hawke, River Phoenix e Bobby Fite) que se axuntan para crear unha nave espacial caseira que os envíe aos confíns da galáxia. Alí atopan a un álien adolescente que está namorado da televisión humana.

A nova versión está xa a espertar compararacións con escenas do filme de viaxes polo tempo Welcome to Yesterday. Geoff Moore e mais David Posamentier escribirán o guión, mentres que Josh Appelbaum e André Nemec producirán.