Sofia Coppola na Sereíña

0
291

Sofia Coppola (Lost in Translation) podería facer o seu debut coma directora de cinema fantástico xa que logo está en negociacións para se ocupar da realización dunha versión con actores de carne e óso do clásico conto de fadas de Hans Christian Anderson Den lille havfrue (A Sereíña, en galego) para a Universal Pictures e mais a Working Title.

A história vai sobre unha serea que quere chegar a un acordo faustián para poder vivir na terra após de ficar namorada dun príncipe. Joe Wright estivo vencellado ao proxecto hai tempo, pero agora está comprometido coa dirección do filme Pan.

Caroline Thompson (Edward Scissorhands) está a reescribir versións anteriores do guión creado por Kelly Marcel e Abi Morgan. O plan da Universal é seguir adiante coa produción o mais á presa que poidan.