Andy Serkis lerá o Libro da Selva

0
283

Coñecido sobre todo por lle emprestar o seu corpo en filmes de captura de imaxes a Gollum, King Kong, o Capitán Haddock e mais a Caesar o símio, o actor Andy Serkis seica cansou-se de que non lle recoñezan pola rúa e vai-se pasar á dirección, unha tarefa para a que xa conta con certa experiéncia, por ter traballado coma director da segunda unidade na triloxía de The Hobbit.

Agora Serkis quere dar o chimpo e traballar cómodamente sentado na cadeira de director na película The Jungle Book, baseada na clásica escolma de contos de Rudyard Kipling, para a Warner Bros. Pictures. Polo de agora non se sabe se ademais interpretará algún papel el mesmo.

Serkis sustitúe neste posto ao mexicano Alejandro González Iñárritu, quen non poderá participar por mor de problemas de axenda de traballo. Ron Howard foi o anterior director consdierado para o posto.

Callie Kloves está a escribir o guión para o filme, do que se agarda que sexa moito mais fiel ao orixinal que anteriores versións para o cinema, polo que será unha longametraxe mais sinistra.

O proxecto está a competir con outra película da Disney, outra versión con actores reais de The Jungle Book que dirixirá Jon Favreau e que contará con Idris Elba coma protagonista.