Danny Glover ven de anunciar que será o vindeiro Presidente dos Estados Unidos. Pero non sinifica que vaia sustituir a Obama coma primeiro presidente negro na Casa Branca, senón que será o máximo dirixente americano no vindeiro filme do director Roland Emmerich, o épico e apocalíptico 2012.
“Coido que é un papel simbólico dentro do filme“, dixo Glover nunha rolda de prensa en New York o pasado venres mentres promocionaba Blindness (A Cegueira). “2012 é… como é que chaman a Roland Emmerich? O rei da destrución? Ben, xa sabedes que a cosmoloxía máia di que o mundo rematará en 2012. E este presidente será elixido en 2008“.
Glover engadiu: “Hai un reparto realmente fantástico [que inclúe a Woody Harrelson, Chiwetel Ejiofor, Amanda Peet, John Cusack e Thandie Newton]. Woody Harrelson e Chiwetel Ejiofor son realmente marabillosos. Pero é realmente interesante. Nunca estivera nun filme coma este antes. Ben, coido que a última cousa que na que estivera con toda esta destrución fora en Depredador 2 ou algo coma iso, hai anos. É case noutra vida, hai unha vida“.
O filme trata sobre o comportamento de todos os persoaxes cando se decatan da realidade de que o mundo vai desaparecer, en 2012. A estrea está prevista un pouco antes, para o 10 de xullo de 2009.