A Ghost House Pictures e mais a Good Universe van-se asociar para produciren conxuntamente un filme que relanzará a franquía de The Grudge.
Takashi Shimizu dixiriu o filme orixinal xaponés, Ju-On, e mais o remake americano de 2004 The Grudge, que protagonizou Sarah Michelle Gellar. Aquel remake fixera 187 millóns de dólares nos despachos de billetes, a partir dun orzamento orixinal de tan só 10 millóns.
Gellar interpretou a unha enfermeira americana en Tóquio, que é exposta a un perigoso meigallo sobrenatural que fai que a vítima sexa atacada por unha forza raibosa.
En 2006 e mais en 2009 fixéron-se duas secuelas, a derradeira delas diercta ao mercado de vídeo. Jeff Buhler (Midnight Meat Train, Insanitarium) foi xa contratado para escribir o guión deste relanzamento.
Sam Raimi, que produciu o primeiro remake, tamén producirá este proxecto xunto a Rob Tapert e mais Takashige Ichise. Polo de agora non se anunciou ningún calendário de traballo.