O vindeiro Amityville xa ten reparto

0
245

O director de Maniac e P2, Franck Khalfoun, ven de chegar a bordo proxecto de relanzamento da franquía de Amityville Horror.

A Dimension Films e mais a Blumhouse Productions levaban un tempo a traballaren nun filme titulado Amityville: The Lost Tapes, no que falaran dunhas supostas fitas de vídeo atopadas. Pero ese proxecto está xa morto. No seu lugar, fará-se estoutro proxecto de relanzamento co simples título de Amityville.

Bella Thorne e Jennifer Jason Leigh serán as protagonistas deste filme. Leigh fará de Joan, unha nai solteira que se muda cos seus tres fillos á casa de Amityville, onde coñecerá a súa terríbel história.

Esta nova versión, que non conterá escenas de “fitas atopadas”, ten prevista a súa estrea para o 2 de xaneiro de 2015.