Os guionistas de Lara Croft téntano con Merlín

0
306

Os guionistas de Lara Croft: Tomb Raider Patrick Massett e John Zinma veñen de recebir o encargo de escribir a adaptación para o cinema da série de novelas para adolescentes de T.A. Barron The Lost Years of Merlin para a Disney Pictures.

O primeiro tomo desta saga, composta por oito libros, e titulado The Lost Years, vai sobre o rapaz que un día chegará a ser o poderoso meigo sentado á dereita do rei Artur. Pero antes diso terá moitas leccións que aprender, incluíndo como controlar o seu carácter demasiado orgulloso e o seu excesivo apego polas cousas sinistras.

Os outros persoaxes da saga son o espírito dun guerreiro, un aspirante a bufón e unha rapaza con quen comparte a maior parte da acción, que transcurre na illa enmeigada de Fincayra.

Anteriormente a Miramax, a Paramount e mais a Warner Brothers tentaron facer unha versión desta franquía, pero sen éxito.