A revista A Búsola convocou os Micropremios Buligan, un pack de dous concursos para procurar novos talentos entre os seus leitores galegos maiores de 18 e menores de 30 anos.
Para a modalidade de relato solicitan unha história en galego, que poida ser inserida no xénero fantástico, e cun máximo de 10 páxinas.
Na modalidade de ilustración, o tema será un cartace de cinema sobre películas do xénero fantástico.
O prémio é de 80 euros e o prazo remata o 30 de abril ás 23:00. As bases completas están publicadas na súa páxina Web.