Haberá tres filmes de Scamander

1094

A Warner Bros. Pictures ven de ampliar os seus plans ao respeito da versión cinematográfica do conto de J.K. Rowling Fantastic Beasts and Where to Find Them, un spinoff da súa saga de Harry Potter.

Cando o filme foi anunciado aló polo pasado mes de setembro, o CEO da Warners Kevin Tsujihara dixo que os estudos esperaban poder facer unha franquía con este proxecto. E agora, o xornal The New York Times revela nunha entrevista con Tsujihara que de feito os plans son facer unha triloxía.

Así pois, os que se queixaban de que un libro pequeno coma O Hobbit, de tan só 310 páxinas, poidese dar abondo para unha triloxía de películas, agora deberán aturar o feito de que un conto de Rowling de á penas 54 páxinas vaia ser convertido en tres mega-longametraxes, tal e coma anúncia o xornal.

O conto está ambientado en New York sete décadas antes do escomezo da história de Harry Potter e ten coma protagonista ao maxizoólogo Newt Scamander.