Amy Adams, a lingüista extraterrestre

0
253

Amy Adams está a manter conversas para se converter na protagonista do novo filme de Denis Villeneuve (Prisoners, Incendies), o thriller de ciéncia-ficción titulado Story Of Your Life e que coproducirán a FilmNation Entertainment e mais a Lava Bear Films.

Baseado nun conto orixinal de Ted Chiang e adaptado por Eric Heisserer, a história comeza cando unha nave espacial alieníxena aterra no noso planeta. Daquela, os militares recrutan a unha experta lingüista para que os axude a determinar as intencións dos extra-terrestres.

Mentres ela vai aprendendo a se comunicar cos áliens, comeza a eperimentar uns flashbacks moi vívidos que se converten na clave para desenlear o grande mistério que é o auténtico propósito da súa visita.

Shawn Levy e Dan Levine serán os produtores.