Dreadstar por fin ao cinema

0
330

A Benderspink e mais a Illuminati Entertainment desenvolverán conxuntamente unha adaptación ao cinema do cómic de culto de 1980 de Jim Starlin Dreadstar.

A história ía sobre Vanth Dreadstar, o derradeiro supervivinte da Vía Láctea, quen se debate entre dous poderosos e maléficos impérios, a Monarquía e mais a Igrexa da Instrumentalidade.

Na súa loita recibe a axuda dun heteroxéneo grupo de supervivintes: o místico Syzygy Darklock, a telépata Willow e mais un home-gato chamado Oedi.

J.C. Spink e Ford Lytle Gilmore serán os produtores. Polo de agora ainda non hai un guionista contratado para o proxecto.

Starlin é o co-creador de persoaxes da Marvel Comics coma Thanos, Drax o Destrutor e Gamora, todos eles membros dos Gardiáns da Galáxia e que aparecerán no vindeiro filme da Marvel.