Ryan e Bell únen-se aos Goosebumps

0
272

Amy Ryan (Gone Baby Gone) e Jillian Bell (Workaholics) veñen de se sumar ao reparto de actores que protagonizará o vindeiro filme de Rob Letterman, Goosebumps, para a Sony Pictures.

Baseado na saga de novelas para adolescentes de R.L. Stine, Dylan Minnette interpreta a un rapaz cuxa família se muda a unha nova casa, onde atopan que o seu veciño é un misterioso escritor (Jack Black).

O boneco dun ventrílocuo diabólico ceibará ás arrepiantes creaturas do escritor, forzando aos protagonistas e mais á sobriña do autor Hannah (Odeya Rush) a se aliaren para salvar á vila.

Ryan interpretará á escéptica nai do rapaz e Bell á súa atoleirada tía.