Os Gardiáns xa teñen precuela

0
523

Ainda que o vindeiro filme da Marvel Studios, Guardians of the Galaxy, non se estreará até o mes de agosto, a compañía ven de lanzar un cómic en formao dixital que servirá coma preparación para algúns dos eventos que poderemos mirar na película.

Titulada Marvel’s Guardians of the Galaxy Prequel Infinite Comic, a história vai sobre Gamora (Zoe Saldana) quen se dirie a un mundo criminoso chamado Conxunción nunha misión encargada polo Coleccionista (Benicio del Toro).

O proxecto reune unha vez mais aos guionistas Dan Abnett e Andy Lanning, a parella responsábel da actual encarnación da equipa coma resultado dunha liña argumental que escomezou en 2007.

Esta é a segunda ocasión na que a Marvel prepara con anticipación a estrea dun dos seus filmes coa axuda dun cómic precuela, todo elo en formato dixital. A anterior vez foi protagonizada polo Capitán América no seu último filme, Captain America: The Winter Soldier.

A precuela dos Gardiáns está xa dispoñíbel na ciber-tenda da Marvel e na plataforma ComiXology.