Peter Mayhew volve ser Chewbacca

0
290

Seica Peter Mayhew vai repetir o seu papel de Chewbacca na vindeira entrega da Guerra das Galáxias que producirán a Disney e mais a Lucasfilm, Star Wars: Episode VII.

Mayhew interpretara ao lendário Wookiee na triloxía orixinal, e só agora se soubo que a cancelación da súa presenza nunha recente convención hai un par de semanas se debeu á súa participación na rodaxe do Episódio VII.

Polo de agora a Disney e mais a Lucasfilm non quixeron facer ningún comentário, pero tampouco desmentiron a nova.