A Xbox Entertainment Studios vai-se asociar coa canle inglesa Channel 4 para coproduciren a série dramática Humans. O proxecto xa recebiu un encargo directo para faceren oito episódios.
A Kudos Entertainment (Broadchurch, Spooks) será a encargada de desenvolver o proxecto, que é un remake da série sueca Äkta människor. A produción escomezará este verán coa vista posta nunha entrea en 2015 nos Estados Unidos e Inglaterra.
A história está ambientada nun presente paralelo onde os gadgets mais cobizados son os Sintéticos, servos robóticos demasiado semellantes aos seres humáns.
Unha problemática família das afóras merca un Sintético restaurado, pero axiña decatarán-se das consecuéncias de viviren cun humanoide sintético.
O proxecto será a primeira série aprobada pola Xbox Entertainment Studios. A compañía ten vários proxectos en desenvolvemento, especialmente unha serie sobre Halo, pero esta será a primeira que entre en produción.