A Syfy planea tres novas séries

0
305

O produtor Robert Halmi Jr. e mais o guionista Nick Willing, o dúo responsábel das miniséries Tin Man, Alice e Neverland na Syfy regresarán á devandita canle cun novo proecto de 13 episódios titulado Olympus e que se estreará en 2015.

A história está ambientada após de que uns poucos homes e mulleres valentes conseguiran expulsar aos deuses do Olimpo grego ao reino do inconsciente, un lugar ao que chaman o reino de Hades.

Agora, un home xoven transfórma-se nun líder despiadado e convérte-se nun rival dos mesmísimos deuses. Vários persoaxes da mitoloxía aparecerán neste série, que comezará a se rodar este verán en Vancouver e Londres.

A Syfy anunciou asemade os seus plans para Z Nation, unha série de terror con zombis de 13 episódios orixinal dos produtores de Sharknado, The Asylum. Está prevista para debutar en outono.

Karl Schaefer (Eureka, The Dead Zone) será o produtor executivo  e máximo responsábel deste proxecto, que pretende ofrecer unha versión do apocalipse zombi con mais esperanza e cun tón triunfante, distinto da “desesperación existencial” que é a constante doutras séries do mesmo xénero.

Ambientada tres anos despóis de que un virus zombi arrase co país, unha equipa de heroes cotiáns deberán transportar ao único supervivinte coñecido da vaga a través de todo o continente, co obxectivo de que se poida investigar cos seus anticorpos. O problema é que esa persoa agocha un terríbel segredo que os ameaza a todos.

A terceira nova série que prepara a canle será unha “space opera” de dez episódios baseada en The Expanse, a triloxía supervendas do escritor James S.A. Corey.

O thriller está ambientado 200 anos no futuro e vai sobre o caso sunha rapaza desaparecida que axuntará a un duro detective e mais a un galopín capitán dunha nave espacial nunha carreira polo sistema solar que porá ao descoberto a meirande conspiración da história humana.

Mark Fergus e Hawk Ostby (Children of Men, Iron Man) serán os guionistas e mais produtores executivos. O presidente da Syfy, Dave Howe, anunciou que esta será a série mais cobizosa da canle até a data.