Venom terá filme de seu antes que Spiderman 4

0
350

A Sony ven de anunciar as súas intencións de producir unha terceira e cuarta entregas da saga de The Amazing Spider-Man, así coma senllos filmes spin-off adicados aos persoaxes de Venom e mais os Seis Sinistros.

Nunha recente entrevista, o produtor da saga Matt Tolmach revelou mais detalles sobre os filmes que están por vir:

Antes de saber o que imos facer con Spiderman 4, imos facer The Sinister Six, Venom e logo Spiderman 3. Vai hber moitos crossovers nestes tres filmes. Así que non estamos xa a pensar en Spiderman 4, porque ainda temos un Spiderman completo e mais outros dous filmes. Así que ainda non sabemos o que vai ser Spiderman 4

A Sony anunciara anteriormente a data do 4 de maio de 2018 para o lanzamento da cuarta entrega de Spiderman, pero nestes intres iso xa non se pode afirmar con seguridade.