Braga baila o mambo

0
170

Alice BragaAlice Braga (Eu son Lenda) revelou á prensa que será a coprotagonista xunto a Jude Law no thriller de ciéncia-ficción Repossession Mambo. O filme, do director debutante Miguel Sapochnik, tamén conta con Forest Whitaker, Carice van Houten, o rapeiro The RZA e Liev Schreiber.

É realmente interesante“, dixo Braga nunha rolda de prensa mentres promocionaba o seu último filme, Blindness (A Cegueira). “É unha história tola nalgún senso, supoñer que hai unha indústria de órganos artificiais. Así que é un filme tolo“. Braga é brasileira e non sabe falar moito inglés.

Repossession Mambo ambiénta-se nun futuro non moi afastado, cando axente merca órganos artificiais a creto. E aqueles que non poden facer fronte aos pagos do creto, deberán devolver os órganos que lles foran implantados.

Law interpreta a Remy, un repoñedor cuxo corpo está cheo de órganos artificiais… e que debe fuxir cando non pode seguir pagando as facturas.

Interpreto a un persoaxe que é unha rapaza cunha vida e con soños por diante, e de súpeto todo iso muda“, dixo Braga. “E daquela todo o seu corpo cámbia. É realmente difícil falar dela, porque se digo algo, revelaría demasiado sobre o que lle vai acontecer“.