É un mundo pequeno

0
204

O director de National Treasure, Jon Turteltaub, será o encargado de dirixir unha longametraxe baseada na atracción de Disneyland It’s a Small World, no Fantasyland de Califórnia.

O guionista de The LEGO Movie 2, Jared Stern, escribirá o libreto deste filme, que seica a Disney está a considerar coma o comezo dunha posíbel nova franquía, do mesmo xeito que fixo con Pirates of the Caribbean.

A atracción do parque leva funcionando dende os anos 60 e consite nunha viaxe en barca que vai pasando a carón de diversas figuras animadas que cantan e representan en miniatura moitos países, nunha homenaxe aos nenos do mundo. Os que a visitaron recoñecen decontado o seu pegadizo tema musical, cantado polos nenos animatrónicos dun coro.

Agárda-se que pase algún tempo antes de que o proxecto comece a se producir, baixo a batuta de Dan Lin.