Un Marco Polo mais fantástico

0
232

A Paramount Pictures e mais a China Film Co Ltd asociarán-se para produciren unha longametraxe en 3D de alto orzamento baseada na vida do explorador Marco Polo.

A adaptación baseará-se na vida do famoso explorador do século XIII, pero engadindo elementos dunha película de acción fantástica á súa ben coñecida biografía.

Agárda-se que ao fronte do filme se poña un director americano experimentado en filmes de acción, todo elo cun reparto no que figurarán algúns dos nomes mais senlleiros dos panoramas americano e chnés. A rodaxe escomezará no mes de outubro.