Spielberg dirixirá unha de Roald Dahl

0
274

Steven Spielberg será o encargado de dirixir unha adaptación con actores reais do clásico conto para nenos de 1982 do escritor Roald Dahl The BFG para a DreamWorks.

A história está baseada no fantastico relato dun Grande Xigante Amigábel (ou BFG, polas súas siglas en inglés) que se fai amigo dunha nena orfa. Melissa Mathison (E.T.: The Extra-Terrestrial) escribiu o guión, que será producido por Frank Marshall.

Ainda que o nome de Spielberg adóita-se vencellar a moitos proxectos e ten unha axenda de traballo moi ocupada, The BFG conta xa coa luz verde para comezar a se producir a comezos de 2015. A pregunta é se Spielberg pode encaixar no seu calendário un proxecto pequeno antes de 2015, e en tal caso, se será o thriller sobre a guerra fría que ten previsto facer con Tom Hanks.