Cyborg aparece en Batman vs. Superman

777

O actor teatral de New York Ray Fisher está a negociar a súa incorporación ao reparto do vindeiro filme de Zack Snyder, Batman vs. Superman, que producirán a Warner Bros. Pictures e mais a DC Entertainment.

Fisher interpretaría a Victor Stone, a prometedora estrea de fútbol americano cuxa vida é esnaquizada e ve-se forzado a se converter no superheroe que coñecemos coma Cyborg. No teatro, Fisher é coñecido por interpretar a Muhammad Ali cando era novo na obra Fetch Clay, Make Man.

A Warners engadiu ao persoaxe ao reparto hai xa meses. Nun princípio só ía ter unha pequena escea e serviría coma presentación a futuros novos filmes, pero nestes intres non se sabe se os plans continúan a ser os mesmos.