Récord de Eu son lenda

1502

Capa do libroEu son lenda, o filme post-apocalíptico de Will Smith, bateu o récord que mantiña O Retorno do Rei coma película que obtén máis recadación o día da súa estrea de todos os tempos. A Lenda gañou 53,06 millóns de euros os tres primeiros días en 3.606 salas de cinema onde foi proxectada, mentres que O Retorno do Rei (2003) gañara 50.36 millóns no seu día.

Por outra banda, o filme de mistura de debuxos con acción real Alvin e os Esquios con Jason Lee acadou un abraiante segundo posto nas carteleiras americanas durante a pasada fin de semana, o que sinifica que dous filmes fantásticos coroaron por primeira vez en moito tempo os postos máis altos nas preferéncias dos espectadores á outra beira do Atlántico.