Hugh Jackman di-lle adéus ao Lobeto

0
381

Hugh Jackman leva uns meses xogando coa ideia de abandoar definitivamente o cinema fantástico, escomezando polo papel que lle deu fama mundial, Lobeto.

Hai uns días soubo-se que o director de The Wolverine, James Mangold, asinara o contrato polo que se copromete a regresar para unha terceira entrega, polo que semellaba claro que Jackman tamén estaría a bordo. Nombergantes, no decurso dunha entrevista mentres promocionaba X-Men: Days of Future Past, Jackman confesou que aínda non asinou ningún contrato para regresar ao papel, pero que de face-lo, sería a derradeira vez que dera vida a Lobeto:

Ainda non-o sei. Estamos a falar diso. Ainda teño ambicións polo persoaxe. E tonalmente coido que corriximos o rumo do barco co último filme. Pero coido que ainda podemos ir mais aló, dalgún xeito. Se fago outro, estou ao 99.9% seguro de que seria o derradeiro“.

Ademais, confirmou que está a considerar xunto a Mangold unha aproximación á história do vello Logan de Mark Millar, pero ainda está por confirmar:

Por suposto que estamos a mirar para o Vello Logan, porque esa pdoe ser a derradeira opción que fique neste punto! Estamos a mirar unha manchea de posíbeis argumentos. Ningún polo de agora chimpou á vista. Podes citar-me decindo que estamos ainda a traballar niso“.