Almost Human, cancelada

0
206

Almost HumanA Fox ven de anunciar que cancela definitivamente a súa série de ciéncia-ficción Almost Human, producida por J.J. Abrams e protagonizada por Karl Urban e Michael Ealy. A primeira e xa única tempada non contou con índices de audiéncia moi altos, pero tampouco baixos abondo como para cancela-la. O seu problema foi o alto orzamento de cada episódio, que contaba con grandes doses de efectos especiais.