Anunciado o reparto do Episódio VII

0
251

A Walt Disney Pictures e mais a Lucasfilm veñen de anunciar oficialmente o reparto principal de Star Wars: Episode VII cunha listaxe dos protagonistas e mais unha foto dunha xuntanza na que se leiu o guión aos participantes.

O novo reparto de protagonistas está formado por John Boyega, Daisy Ridley, Adam Driver, Oscar Isaac, Andy Serkis, Domhnall Gleeson e Max von Sydow. Os membros do reparto orixinal da saga Harrison Ford, Carrie Fisher, Mark Hamill, Anthony Daniels, Peter Mayhew e Kenny Baker tamén regresarán.

Na nota de prensa oficial, o director J.J. Abrams dixo: “Estamos moi emocionados de compartir por fin o reparto de Star Wars: Episode VII. É á vez emocionante e surreal ver ao querido reparto orixinal e a estes brillantes novos actores xuntos para treren á vida unha vez mais este mundo. Comezaremos a rodar nun par de semanas e todo o mundo vai dar o millor de si mesmos para faceren sentir-se orgullosos aos fans“.