Chega o Krampus, o anti-Claus

0
314

O filme de terror de Kevin Smith ambientado no nadal pero protagonizado polo Krampus vai saír adiante coa axuda da XYZ Films, que amosará algúns dos primeiros bocetos no mercado de Cannes, onde van presentar o proxecto.

Baixo o título de Anti-Claus, o reparto está oficialmente formado polos actores de Tusk Justin Long, Haley Joel Osment, Genesis Rodriguez e Michael Parks, quen se axuntarán novamente con Smith para faceren este filme de medo.

Jordan Monsanto, Andy McElfresh e Jennifer Schwalbach serán os produtores.

A história céntra-se na antiga creatura demoníaca coñecida coma o Krampus, un ser orixinário dos bosques de Alemaña e que ten a fama de comer-se polo nadal aos nenos que se portaron mal durante o ano.