Zack Snyder dirixe a Liga da Xustiza

987

Xa é oficial: a Warner Bros. Pictures ven de lle dar a luz verde ao proxecto de filme baseado nos persoaxes da Liga da Xustiza, que será dirixido por Zack Snyder.

O presidente da sección de produción mundial da Warner Bros., Greg Silverman, confirmou as novas nunha entrevista ao xornal The Wall Street Journal, engadindo que os estudos van apurar a produción: “Será unha expansión deste universo. Superman vs. Batman levarán-nos á Liga da Xustiza“.

Agárda-se que Henry Cavill, Ben Affleck e Gal Gadot regresen para este filme. Ainda que non hai data de estrea, algunhas fontes indican que pdoería ser en 2017 e mesmo que ambos os dous filmes se rodarían ao mesmo tempo para aforrar custes.