Atopan a tumba de E.T. o videoxogo

0
369

Unha lenda urbá do mundo dos videoxogos demostrou ser certa.

Durante os últimos trinta anos rumoreou-se que nos anos 80 a desaparecida compañía de videoxogos Atari consignou ao redor dunha dúcia de camións que cargaron con cartuchos de xogos, todos do mesmo título, para levar a enterrar a algún lugar do deserto de New Mexico, e logo cobrir cunha pesada capa de cemento.

O título do xogo era E.T. e estaba baseado na película do mesmo nome de Steven Spielberg. Ainda que o filme foi un éxito mundial e se converteu nun clásico do cinema, o xogo foi calificado coma “o pior de todos os tempos” e foi responsábel, se non en todo, si alomenos en parte, da crise financieira e posterior desaparición de Atari.

O pasado día 27 os traballadores dunha compañía que está a producir un documental sobre a crise de Atari descobriron alomenos centos das supostamente 750.000 cópias do xogo enterrado. O director do documental, Zak Penn, amosou os cartuchos descobertos en Alamogordo e dixo que había centos mais espallados entre moreas de lixo.

O documental estreará-se a finais deste ano e estará dispoñíbel para os posuidores da consola de Microsoft, a Xbox.