Goyer escribirá o guión de Viaxe Alucinante

David Goyer (Man of Steel, Batman Begins) ven de ser contratado para escribir un primeiro esbozo de guión para facer un remake do clásico filme de ciéncia-ficción de 1966 Fantastic Voyage pola Lightstorm Entertainment (propiedade de James Cameron) e mais pola 20th Century Fox.

Goyer é o último dunha listaxe de guionistas que tentaron previamente facer o mesmo traballo, pero sen o éxito necesário, ao longo dos últimos dez anos. Nesa listaxe habería que incluír a nomes coma os de Shane Salerno, Cormac, Marianne Wibberly e Laeta Kalogridis.

A história vai sobre unha equipa de científicos que son miniaturizados até un tamaño atómico e enviados nun submariño ao interior do corpo dunha persoa, á que deberán salvar a vida.

O proxecto levaba no repouso xa uns anos, pero a contratación de Goyer dá a entender que isto podería ser un filme de alto orzamento e se cadra poderiá-mo-lo ver axiña en produción. Cameron, Jon Landau e mais Rae Sanchini son os produtores, mentres ca Goyer sería o produtor executivo.