A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a comédia de terror sobrenatural Cloaked, orixinal da compañía de entretimento Team Downey.
A história seica contería o mesmo tón cá cásica película dos anos 80 An American Werewolf in London, pero o verdadeiro argumento polo de agora non foi revelado.
Derek Connolly (Safety Not Guaranteed, Jurassic World) escribirá o guión, con Robert Downey Jr. e mais Susan Downey coma produtores. Polo de agora non se sabe se o mesmo Downey Jr. planea asemade ser o protagonista.