Will Staples escribe o guión de Mission: Impossible 5

0
295

O guionista Will Staples, coñecido sobre todo polos seus traballos escribindo argumentos para videoxogos coma Need for Speed: Rivals e Call of Duty: Modern Warfare 3, ven de ser contratado para escribir o guión da quinta entrega da saga de Mission: Impossible na Paramount Pictures e mais na Skydance Productions.

Drew Pearce era o guionista orixinalmente vencellado a este proxecto antes de que Christopher McQuarrie chegara a bordo para dirixi-lo en outubro. Non se sabe se Staples só vai re-escribir o guión ou se simplemente lle dará un repaso.

Tom Cruise será de novo o protagonista, no papel do axente da IMF Ethan Hunt, e Simon Pegg revelou hai uns días que tamén regresará á saga. Non se sabe se os outros membros da anterior película, Ghost Protocol, Jeremy Renner e Paula Patton, voltarán asemade.

Por outra banda, hai uns días escoitou-se o rumor de que lle ofreceran un papel a Jessica Chastain.