O nome de Roberto Orci ven de xurdir coma o mais claro candidato a se facer co posto de director da terceira entrega da renovada saga de Star Trek no cinema.
Orci, que co-escribiu e produciu os primeiros dous filmes xunto ao seu habitual compañeiro Alex Kurtzman, faría-se asemade co posto de J.J. Abrams, o director das anteriores entregas. Abrams está arestora moi ocupado dirixindo a sétima parte de Star Wars.
Kurtzman pola súa banda vai dirixir a súa ollada cara á Sony e á súa franquía de Spiderman. Isto deixará esencialmente só a Orci para facer coa franquía de Star Trek o que queira.
A Skydance Productions desexaba que Orci dirixise o filme, pero tiñan que convencer á Paramount. Agora semella que se chegou a un acordo e o proxecto entrará na vía rápida cunha posíbel estea para 2016.
Orci, Patrick McKay e J.D. Payne están a traballar no guión a terceira parte, sobre a que se especula que podería facer unha “corrección de rumbo” e virar cara a uns argumentos mais dramáticos e menos épicos e baseados en anteriores sagas.